CTV dedica gran parte dos seus esforzos a contribuír ó desenvolvemento do audiovisual galego. A empresa organizou numerosos foros, seminarios e cursos de formación en colaboración coa Fundación Araguaney e o goberno autonómico galego (Xunta de Galicia).
Para ofrecer unha formación que se axuste ás demandas do mercado laboral e que así mesmo atenda as necesidades de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores, CTV imparte distintos cursos de formación ó longo do ano.
No ano 2001 CTV foi homologado como centro colaborador de Formación Ocupacional da Xunta de Galicia.
Anteriormente, no ano 2000, xa se asinara un convenio de colaboración entre a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e CTV SA para a impartición de dous cursos de Formación Profesional Ocupacional: operador de cámara e presentadores de TV.
Por outra parte CTV ofertou distintos cursos de formación de actores de dobraxe do Fondo Social Europeo e da Fundación Araguaney.
Atendendo a necesidades de persoal cualificado da mesma empresa, CTV tamén realizou outros cursos, entre eles un de manexo de marionetas para televisión (muppets), así como cursos de inglés e de árabe.
Cursos homologados na actualidade (Plan FIP)
O obxectivo dos cursos de formación profesional ocupacional é proporcionar unha cualificación adecuada que lles permita ós nosos alumnos desenvolver unha actividade profesional acorde.
- Luminotécnico |
474 horas |
- Operador de equipos de televisión |
354 horas |
- Editor/montador de imaxe |
559 horas |
- Técnico de son |
665 horas |
- Técnico en audiovisuais |
544 horas |
- Operador de cámara |
584 horas |
- Rexedor de escena |
|
- Infografista de medios audiovisuais |
|
|
|