Información corporativa
 
Información corporativa
 

 

   
  Un centro de produción para o século XXI
   
 
 
CTV Servizos Audiovisuais nace en 1985 co obxectivo de se converter nunha produtora de referencia no sector audiovisual, tanto no campo dos servizos como no da produción de contidos.
 
 
A produtora forma parte do Grupo Araguaney e dispón de máis de 10.000 m2 de estudios de Cine e Televisión distribuídos en platós de 1100, 1000, 800, 600 e 200 m2, dotados de camerinos, oficinas de produción, área de construción de decorados, estudios de dobraxe, de gravación de son e salas de posprodución.
 
 
CTV iniciou a súa andaina antes incluso de que a televisión autonómica galega (Corporación CRTVG) empezase a emitir. Constituíuse como empresa en xaneiro de 1985 e TVG empezou a emitir o 25 de xullo dese mesmo ano.
 
 
Despois de máis 20 anos de actividade, CTV é unha das principais produtoras do sector audiovisual.
 
   
  Formación
   
 
 
Ante a inexistencia dun mercado audiovisual, así como de medios e profesionais do sector, CTV impartiu desde o principio, cursos específicos encamiñados á formación de persoal cualificado. Entre outros: técnicos de iluminación, técnicos de son, operadores de cámara e de equipos de TV, presentadores de TV e actores de dobraxe.
 
   
  Ámbito de actuación
   
 
 
CTV abarca desde a preprodución ata a posprodución de audiovisuais, pasando pola dobraxe e o alugueiro de equipos a terceiros. A produtora ten ampla experiencia na produción de programas en directo, concursos, magazines, talk-shows, series de ficción e longametraxes.
 
 
Traballamos principalmente con Televisión de Galicia, aínda que os nosos clientes proceden de todo o Estado, e incluso de Latinoamérica.
 
   
  Recoñecementos
   
 
 
CTV foi galardoada en 1996 co Premio Galicia de Comunicación ó Mellor Labor de Televisión referido á comunidade autónoma de Galicia.