News 
 
 
Related to productions

  CTV | Nova tempada de O País dos Pequenos

  Nova tempada de O País dos Pequenos

17 April 2009
 
O País dos Ananos pasa a chamarse agora O País dos Pequenos e inicia unha nova tempada este domingo cun programa dedicado á xustiza.
Nesta edición do programa estará José Antonio Vázquez Taín, que é un dos xuíces que máis loitou contra o narcotráfico en Galicia cando exercía en Vilagarcía.
Tamén se contará coa presenza de Silvia Pena, Directora da Prisión de Teixeiro. Con 32 anos e embarazada de 8 meses, esta muller dirixe un cárcere que ten máis de 1800 presos.
Ao tratar do tema da xustiza non podía faltar o presentador máis popular da Galega; seguro que moi poucos saben que Xosé Ramón Gayoso estudou dereito e exerceu de avogado en Madrid.
O programa emítese os domingos pola noite na televisión de Galicia con grande éxito. Na súa última emisión conseguiu un 21% de cota de pantalla sendo líder na súa franxa horaria.
Sen dúbida, este espazo constitúe un foro no que os nenos explican cousas das que habitualmente falamos os grandes. Seguiremos sorprendéndonos polas súas respostas graciosas, divertidas ou incriblemente sensatas.
O país dos Pequenos incorpora novidades, como a sección “Eu protesto”, na que os nenos expoñen as súas queixas, ou “Xa son grande”, na que veremos que os nenos dan feito cousas de grandes, ou iso din eles.