News 
 
 
Related to productions

  CTV | O NORDÉS, unha produción de CTV e Zopilote para Televisión de Galicia

  O NORDÉS, unha produción de CTV e Zopilote para Televisión de Galicia

11 September 2009
 
O Nordés é unha serie de emisión semanal, en episodios de
aproximadamente sesenta minutos de duración para o horario de prime
time. É unha ficción de xénero, unha serie profesional, sobre o mundo do xornalismo. O Nordés constitúe o relato do día a dun dun xornal, noutras palabras o día a día dunha cidade.

O Nordés é un xornal centenario da cidade de Vigo que pasa por un mal
momento económico e sofre as presións dun importante empresario que
intenta facerse co seu control; grazas ó empeño da editora e ó do resto do equipo que fai o xornal, o Nordés segue informando e mantendo, con moitas dificultades, a súa independencia.
A historia que se conta no Nordés é a dos problemas cotiás, dos conflitos profesionais e persoais, do nutrido grupo de traballadores que fan posible que o xornal saía á venda; pero tamén é a historia do que pasa no día a día da cidade máis urbana, industrial, caótica, conflitiva e fascinante de Galicia: Vigo.