![]()
Tourilandia, a república independente do humor que preside Xosé Antonio Touriñán preséntase este xoves no prime time de TVG para tratar xunto cos seus colaboradores importantes puntos na orde do día, basicamente divertir e facer rir moito.
Esta semana a escena quéntase xa que o programa recibe a visita dun veteranísimo, un home que foi protagonista xunto con Uri Geller dun dos momentos cume na historia da televisión en España. E por un motivo aparentemente tan simple como dobrar unha culler… claro que moi complicado no fondo porque aquela culler se dobraba coa mente. Efectivamente trátase de José María Íñigo.
No programa deste xoves tamén vai haber sketchs humorísticos, vídeos e por suposto actuacións, como a do grupo punk Terbutalina.